O Concello da Rúa programa unha variedade oferta de actividades para esta ponte de decembro. O obxectivo fundamental é que todo o mundo poida escoller entre a variada oferta e disfrutar de todo o que A Rúa ten que ofrecer.

Pequenas/os e non tan pequenas/os poden achegarse desde o mércores 6 e até o domingo 10 ao Pavillón Municipal Victorino Núñez para descargar enerxía no “Parque Infantil e Xuvenil de Inchábeis“. O acceso é gratuíto e estará dispoñíbel en horario de mañá e tarde para dar acceso ao maior número de persoas posíbel.

Tamén pensando nas/os cativos o Centro Cultural Avenida programa a película animada Trolls 3. Proxectaráse o mércores, xoves, venres e sábado ás 17:00h e o prezo da entrada é, coma sempre, de 5 €.

 

 

 

 

Para os públicos máis adultos no C.C. Avenida hai sesión dobre. Para quen prefira o cinema temos a última entrega da saga “Los Juegos del Hambre”. Falamos da “Balada de pájaros y serpientes”. Ambientada nun Panem postapocalítptico, fainos retroceder varias décadas antes do comezo das aventuras de Katniss Everdeen. O xoven Coriolanus Snow será o mentor de Lucy Gray Baird, a nena seleccionada como tributo ao empobrecido Distrito 12. A xoven sorprenderá a todas e todos ao cantar na cerimonia de inauguración dos Décimos Xogos da Fame nos que Snow tentará aproveitarse do seu talento para sobrevivir.

Quen se decante polo teatro ten ao seu alcance “Almar“. Montaxe do barquense Gabriel Prada coa participación de Josi Lage. Obra complexa e de moitos matices baseada nun texto de Alexander Gelman, un dos dramaturgos máis coñecidos da era soviética. A entrada é de balde e non recomendada a menores de 16 anos.

 

Ademáis o xoves día 7 celebrarase a última feira do ano en Fontei e continúan activos o programa de apoio ao comercio local “Eu Merco na Rúa” e o concurso de decoración de nadal “Nadal nas RúaS“.