Saúdo da Alcaldesa

Benvidos e benvidas á nosa web

Desde o Concello da Rúa puxemos en marcha este espazo en rede que, xunto coa nosa sede electrónica e as nosas RRSS, pretende ser unha xanela de comunicación con todas e todos vós desde a proximidade e a transparencia.

Neste espazo podedes consultar desde a actualidade da actividade municipal até información sobre a nosa cultura, festas, gastronomía, viticultura, patrimonio e servizos.

A nosa situación privilexiada no centro do val do Sil e no decurso do Camiño de Inverno e da Vía Nova, dótanos dun singular atractivo para todas as persoas que ano tras ano nos visitan.

A Rúa é unha vila que destaca pola súa calidade de vida. O Concello, nese sentido, pretende fornecer todos os servizos necesarios para garantir que toda persoa que así o desexe poida desenvolver aquí con garantías o seu proxecto de vida.

Esta plataforma, ao igual que as nosas redes sociais, tenta ser un espazo de comunicación con feedback xa que o Concello ten a obriga de ser unha Administración aberta a toda a cidadanía que cumpra na práctica co seu alcume da “casa do pobo”.

Só me queda darvos as grazas por acudir a este sitio web para mantervos ao día do que acontece na Rúa e desexar que entre todas e todos fagamos deste un concello aínda mellor. Porque todo está aquí.

Un cordial saúdo

A alcaldesa da Rúa
Maria González Albert

 

Corporación

P.P.

  1.  Álvaro José Fernández López
  2. Joana Gómez Díaz
  3. Raúl Yáñez Martínez
  4. Susana de la Cruz Fernández
  5. Javier Fernández Quiroga

B.N.G.

  1. María González Albert (Alcaldesa)
  2. Avelino Fernández  Seco

P.S.O.E.

  1. Luis Fernández Gudiña
  2. Ana Fernández Vizcaya

R.U.A.

  1. José Vicente Solarat López
  2. Fernando Rodríguez Rodríguez

A Rúa

Descrición

Forma parte da comarca de Valdeorras e está ó nordés da provincia de Ourense. O norte do concello -que hoxe suma 4.186 habitantes- atópanse as terras de maior altitude de Galicia, superando en moitos puntos os mil metros grazas á Serra dos Cabalos, á da Enciñeira da Lastra e ós Montes de Cereixido. Estes cumios impiden o paso das borrascas atlánticas, o que da paso a un clima marcado por escasas chuvias. A temperatura media na Rúa é de 15,6 graos.

A superficie do municipio suma un total de 35,99 km², limita ó noroeste co concello lugués de Quiroga, ó suroeste con Larouco, ó leste con Vilamartín de Valdeorras e ó sur co río Sil. O val formado pola conca deste río, a onde van parar as augas de numerosos regueiros que están embalsadas no encoro de San Martiño, é un fermoso espacio natural protexido e un punto de gran interese ecolóxico.

 

Historia

Segundo os historiadores romanos Plinio e Ptolomeo, os asentamentos humanos destas terras eran os Cigurros ou Egurros, de aí que a poboación máis antiga da comarca fose Cigurria. Por este lugar transcorre a Vía Nova, a Vía 18 do Itinerario Antonino. Unha calzada romana que unía Braga e Astorga, cruzando o río Sil pola ponte da Cigarrosa.

Outros pobos que se estableceron nestas terras foron os suevos e os visigodos. Tres acuñacións de moedas, entre os anos 603 e 631, demostran que foi unha época de desenvolvemento e riqueza. Na Idade Media A Rúa estivo baixo o dominio dos reis de Asturias, León e Galicia, sendo os condes de Lemos e de Ribadavia os últimos en ter señorío nestas terras.

Xa en 1809, tiveron lugar varios encontros entre a guerrilla e as tropas francesas. No transcurso destas batallas morreron Sancho, Capitán do Real Corpo de Artillería, e Dona María Manuela de Lunas, heroína na defensa de Zaragoza, que está enterrada na igrexa de San Esteban. Finalmente, outro feito salientable foi a chegada do tren en 1883, que marcaría boa parte da actividade socio-económica da comarca de Valdeorras no século XX.

 

 

Contacto

Dirección

 

Praza José Antonio Míguez, Nº1
32350 – A Rúa – Ourense
España

T: +34 988 310 116
F: +34 988 311 321

Contactos de interese

 

Policía Local: 696917594
Mail: info@arua.esinfo@arua.gal
Alcaldía: alcaldia@arua.gal
Tesouraría: tesouraria@arua.gal
Secretaría e intervención: secretaria@arua.gal
Urbanismo: servizostecnicos@arua.gal
Técnico de emprego: emprego@arua.gal
Servizos sociais: servizos.sociais@arua.gal
Cultura: cultura@arua.gal
Policía local: policialocal@arua.gal
Biblioteca Municipal: biblioteca@arua.gal

 

Formulario de contacto

New Field

3 + 15 =

Información básica sobre protección de datos

Responsable do Tratamento: Concello de A Rúa. Finalidade: Atender a súa consulta e derivala á área responsable e incluso contactar con vostede polos medios facilitados. Base legal: Cumprimento dunha misión de interese público (art. 6.1 do RGPD). Conservación: Os prazos necesarios para cumprir coa finalidade do tratamento. Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os seus datos. Outros dereitos e información adicional: prema aquí.