Rematado o prazo de presentación de alegacións aos listados provisionais para o servizo de Ludoteca Municipal para o curso 2026/2027 nas súas tres modalidades (madrugadores, tardes e xornada completa) sen que se teña presentado ningunha alegación, a Xunta de Goberno Local do Concello da Rúa aprobou en sesión celebrada o xoves 27 de agosto de 2026 os seguintes listados definitivos.
Ábrese agora o período de matriculación nos termos estipulados na ordenanza municipal en vigor.




