Rematado o prazo de presentación alegacións aos listados provisionais das catro quincenas do Tempo de Lecer 2026, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar os listados definitivos.

Segundo marca a ordenanza municipal reguladora do servizo ábrese agora o prazo para a formalización de matrícula que se concretará co pagamento da taxa correspondente e a presentación do xustificante no Concello. O período de matriculación remata o 25 de xuño (incluído).

Todas aquelas persoas solicitantes que non formalicen a inscrición no período determinado perderán o dereito a praza.

20260618_Resolución_Listados definitivos tempo de lecer 2026