Entre os obxectivos do concurso están os de dinamizar a participación activa da cidadanía na actividade local e colaborar en infundir un ambiente festivo e decorativo baseado en valores como o traballo en común e a cooperación.

O concurso consta de 4 categorías para que poida participar o maior número de persoas posíbel.

A.- COMERCIOS E HOSTELARÍA
B.- XANELAS E BALCÓNS
C.- CASAS
D.- PREMIO ESPECIAL PARA A COMUNIDADE DE VECIÑXS, COLEXIO, RÚA OU PRAZA

As inscricións realizaranse a través do seguinte FORMULARIO NADAL NAS RÚAS ou o de forma presencial na Casa do Concello a partires do luns 26 de novembro e até o venres 15 de decembro
de 2023.

Os elementos decorativos presentados a concurso deberán permanecer colocados, como mínimo durante o período que vai do venres 22 de decembro até o sábado 6 de xaneiro de 2024 (ambas datas incluídas).

Se non se cumpre a devandita condición desestimarase a participación da asociación, colectivo ou particular que incumprise salvo causas maiores que serán valoradas no Xurado.

O luns 8 de xaneiro darase a coñecer o fallo inapelábel do xurado que elixirá ás/aos gañadores de cada categoría do concurso. O resultado será publicado na páxina oficial do Concello da Rúa (http://www.arua.gal) así como nas RRSS do Concello (Facebook, X e Instagram) e se comunicará persoalmente a cada participante premiado/a.

A entrega de premios realizarase na Casa do Concello o martes 9 de xaneiro na hora que se determine polo Concello.

Os premios serán os que seguen:

CATEGORIA A

Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma

Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma

CATAGORÍA B

Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma

Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma

CATAGORÍA C

Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma

Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma

CATEGORÍA D

PREMIO ESPECIAL PARA A COMUNIDADE DE VECIÑXS, COLEXIO, RÚA OU PRAZA inscritos como tal e que renuncian a un posible premio individual, pola súa creatividade na iluminación e decoración de nadal.

Un único premio de cesta de produtos do comercio da Rúa valorada en 250 € e diploma

A continuación podedes consultar as bases de participación que están tamén penduradas no taboleiro de anuncios do Concello da Rúa.

20231124_BASES DO I CONCURSO DE DECORACIÓN NATALICIA