A alcaldesa Maria G. Albert acompañada do concelleiro Luis Fernández Gudiña veñen de facer pública unha campaña municipal de apoio ao comercio local e de proximidade da Rúa. Así, baixo o lema “Eu Merco na Rúa”, este Concello lanza unha liña gráfica que consta de cartelería con apoio en redes para incentivar o consumo no comercio local de cara ás datas de Nadal. O obxectivo principal da campaña é apostar pola dinamización da Rúa a través “do seu ben máis preciado: o comercio de proximidadel”, remarcou a alcaldesa.
O obxectivo ola produción KM0 e un modo de consumo “moito máis sustentábel e que dinamice a vida na nosa vila”, en palabras da alcaldesa Maria G. Albert. Con esa finalidade o Concello editou 5.000 tickets que se repartirán nos comercios adheridos por cada 15 € de compra realizada entre o 1 de decembro e o 5 de xaneiro. Rematado ese período o Concello sorteará 20 vales de 50€ para gastar tamén no comercio local.
basesEuMerconaRua