Atópase en período de exposición pública a aprobación inicial da ordenaza reguladora e a ordenanza fiscal de adxudicación de vivendas de emerxencia social e vivendas sociais do Concello da Rúa.
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo , sométense os expedientes a información pública polo prazo de trinta días que contarán desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os/as interesados/as poidan examinalos e presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Durante o devandito prazo poderán ser examinados por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos/as interesados/as na sede electrónica deste concello: http://arua.sedelectronica.gal e no portal web do concello da Rúa.
Se unha vez transcorrido devandito prazo non se presentaron reclamacións, consideraranse adoptados definitivamente os acordos e, por tanto, aprobadas as ordenanzas indicadas.
20240501_Outros_ORDENANZA REGULADORA DE LOS CRITERIOS DE ADJUDICACIO N VIVIENDAS EMERGENCIA SOCIAL Y VIVIENDAS SOCIALES modificada tras comisio n (3) Anuncio aprobacion inicial ordenanza e regulamento alugeiro ORDENANZA FISCAL TASAS PISO EMERGECIA Y VIVIENDAS SOCIALES