O Concello da Rúa avanza no seu compromiso co acceso da cidadanía a un dereito fundamental como é o da vivenda abrindo hoxe o proceso para a adxudicación da primeira vivenda social no Concello da Rúa.

Trátase dunha residencia situada na Avda. de Vilela, no edificio que no seu día albergou as vivendas do profesorado do Grupo Escolar Manuel Respino. Unha vivenda que inaugura o parque de vivenda municipal do Concello que se irá ampliando paulatinamente para facilitar a vida das nosas veciñas e veciños.

O prazo de presentación de solicitudes antes da primeira valoración será dun (1) mes natural desde o día de hoxe que rematará o próximo 11 de outubro de 2024. Neste período todas as persoas interesadas na adxudicación desa vivenda social poderán presentar a solicitude para a mesma no Rexistro Municipal de xeito presencial en horario de 08:00h a 14:30h ou ben na Sede Electrónica do Concello mediante a presentación dunha instancia xeral acompañada de toda a documentación pertinente.

Documentación relacionada:

FORMULARIO DE SOLICITUDE PARA O ACCESO Á VIVENDA SOCIAL

ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DO PISO DE EMERXENCIA SOCIAL E VIVENDAS SOCIAIS

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA UTILIZACIÓN DA VIVENDA DE EMERXENCIA SOCIAL E VIVENDAS SOCIAIS