Este mércores, 15 de maio, abre o prazo de presentación de solicitude de prazas para as catro quendas do Tempo de Lecer 2024. Tal e como determina a ordenanza municipal o prazo manterase aberto até o próximo 10 de xuño.

O documento de solicitude xunto coa documentación requerida presentarase no Concello da Rúa a través da sede electrónica ou ben a través do Rexistro Municipal na propia Casa do Concello. Lembramos que non son admitidas como válidas as solicitudes presentadas por calquera vía diferente desas dúas.

A continuación podes descargar o formulario de presinscrición para o servizo.

FORMULARIO TEMPO DE LECER 2024