Desde fai xa máis de 10 anos o Concello da Rúa ten delegado o servizo de recollida de lixo na Deputación de Ourense. Este ano, debido ao incremento unilateral do custo da tonelada de residuos por parte de SOGAMA, era precisa unha revisión das taxas municipais que viñamos aplicando até o de agora; revisión que terá que volver efectuarse no próximo ano ante o anuncio dunha nova suba.
No caso da Rúa, para este 2025, a suba era case imperceptible. A pesares diso, a nova ordenanza reguladora prevé como obxectivo principal a redución drástica do volume de residuos xestionados en SOGAMA polo que se priorizan formas de tratamento que inclúan a compostaxe e o depósito en puntos limpos.
Así a nova taxa que vén de entrar en vigor inclúe reducións do custe ás persoas usuarias de até o 40% no caso de adherírense a estes dous programas.
O Concello da Rúa vén de publicar un bando de alcaldía con toda a información que ampliamos neste espazo coa publicación do díptico informativo editado pola Deputación de Ourense así como cos modelos normalizados para acollerse, de forma individual, ás devanditas reducións.
O prazo de presentación de solicitudes, no caso de querer acceder ás reducións neste mesmo 2025, remata o próximo 28 de febreiro (incluído).
Descarga aquí os documentos_
2. Formulario redución taxa por uso punto limpo
3. Formulario redución taxa por compostaxe doméstica
flyer A5 nova taxa basura deputacion de ourense-1 reducionpuntolimpo reducioncompostaxedomestica