O Concello da Rúa preparou para esta fin de ano 24-25 un amplo programa de actividades para todos os públicos e todas as idades.
Ademáis dos eventos propios destas datas, como a visita do Apalpador ou as cabalgatas de Papá Noel e os Reis Magos: o catálogo de eventos inclúe deporte, cinema, actividades para crianzas e maiores, música… En resumo: un nadal inclusivo e participativo para que toda a cidadanía se poida sentir partícipe del.
E todo, máis unha vez, coa colaboración do amplo espectro de asociacionismo local, sen o que nada disto sería posible.