O Concello da Rúa ven de publicar no seu Taboleiro de Anuncios o Anuncio previo para a elaboración do proxecto de ordenanza reguladora dos criterios de adxudicación, normas de uso e funcionamento dos pisos de emerxencia social e vivendas sociais.
Por un período de 15 días hábiles está aberto o prazo de presentación de propostas, achegas e valoracións por parte de particulares e organizacións sociais interesadas.
É o primeiro paso para encetar un camiño que facilite o acceso a vivendas propiedade do Concello por parte da cidadanía que máis o precise.