O Excmo. Concello da Rúa presenta o “II Concurso de Decoración Natalicia” dirixido a toda a veciñanza da Rúa cos seguintes fins:
– Dinamizar a participación activa da cidadanía na actividade local.
– Colaborar en infundir un ambiente festivo e decorativo baseado en valores como o traballo en común ou a cooperación.
– Dispor de elementos decorativos que acheguen á localidade un entorno natalicio acolledor e ilusionante.
– Dar protagonismo activo á cidadanía e aos diferentes colectivos como fonte do desenvolvemento e intervención comunitarios na localidade.
– Fomentar aqueles valores locais que fiquen expostos nos distintos elementos decorativos natalicios
– Fomentar o uso de materiais reciclables e reciclados como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
- PARTICIPANTES.
CATEGORIAS:
A.- COMERCIOS E HOSTELARÍA
B.- XANELAS E BALCÓNS
C.- CASAS
D.- PREMIO ESPECIAL PARA A COMUNIDADE DE VECIÑXS, COLEXIO, RÚA OU PRAZA
As persoas e entidades participantes ceden o dereito de imaxe a súa decoración ao Concello da Rúa
- PROXECTOS DE DECORACIÓN.
O concurso contempla unicamente a decoración exterior (e de escaparatismo na categoría A).
Terá relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo as/os participantes plena liberdade en canto a técnica e estilo.
- MATERIAIS EMPREGADOS.
Para a decoración de Nadal poderanse empregar todo tipo de materiais que as/os participantes consideren oportunos, a ser posible adquiridos en comercios locais, así como materiais que procedan da natureza ou outro medio natural. Poderanse empregar tamén elementos de decoración iluminativos.
- INSCRICIÓN.
As inscricións realizaranse a través do seguinte FORMULARIO ou o de forma presencial na Casa do Concello a partires do mércores 4 de decembro e até o venres 20 de decembro de 2024.
- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos será realizada por cada participante.
Os elementos decorativos presentados a concurso deberán permanecer colocados, como mínimo durante o período que vai do venres 20 de decembro de 2024 até o luns 6 de xaneiro de 2025 (ambas datas incluídas).
Se non se cumpre a devandita condición desestimarase a participación da asociación, colectivo ou particular que incumprise salvo causas maiores que serán valoradas no Xurado.
O xoves 9 de xaneiro darase a coñecer o fallo inapelábel do xurado que elixirá ás/aos gañadores de cada categoría do concurso. O resultado será publicado na páxina oficial do Concello da Rúa (http://www.arua.es) así como nas RRSS do Concello (Facebook, X e Instagram) e se comunicará persoalmente a cada participante premiado/a.
A entrega de premios realizarase na Casa do Concello o venres 10 de xaneiro na hora que se determine polo Concello.
- ENTIDADE ORGANIZADORA.
O organismo encargado da avaliación do concurso será o Excmo. Concello da Rúa a través dun xurado composto por un mínimo de 3 persoas valorando as decoracións segundo criterio das bases.
- VALORACIÓN.
Toda a decoración ten que verse desde o exterior
Para a valoración dos elementos decorativos natalicios de cada participante o Xurado terá en conta os seguintes criterios:
- a) Deseño.
- b) Orixinalidade.
- c) Iluminación.
- d) Fomento dos valores locais.
- e) Cantidade e tipoloxía de materiais reciclables empregados.
- f) DIY (Materiais e decoracións elaboradas artesanalmente)
Cada membro do Xurado puntuará cada unha das decoracións entre 1 e 5 puntos. A sumo de todos os puntos recibidos polas/os membros do xurado dará lugar ás gañadoras/es do concurso. En caso de empate volverase puntuar entre as decoracións empatadas (nesta ocasión entre o 1 e o 3 e así sucesivamente até que haxa un/unha claro/a gañador/a.
O fallo será inapelábel pudendo ficar deserta algunha das categorías. As persoas participantes comprométense a aceptaren a decisión do xurado.
- PREMIOS.
CATEGORIA A
Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATAGORÍA B
Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATAGORÍA C
Primeiro premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
Segundo premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma
CATEGORÍA D
PREMIO ESPECIAL PARA A COMUNIDADE DE VECIÑXS, COLEXIO, RÚA OU PRAZA inscritos como tal e que renuncian a un posible premio individual, pola súa creatividade na iluminación e decoración de nadal.
Un único premio de cesta de produtos do comercio da Rúa valorada en 250 € e diploma
OS PREMIOS NON SON ACUMULABLES EN NENGÚN CASO.