A Xunta de Goberno Local do Concello da Rúa reunida hoxe en sesión extraordinaria aprobou o listado provisional de nenos e nenas admitidos nas distintas quincenas do Tempo de Lecer 2025.
Ábrese agora un prazo de 10 días naturais (até o próximo 15 de xuño) para a presentación das alegacións pertinentes de todas as persoas que así o desexen. Pasado ese prazo publicaranse os listados definitivos e abrirase o proceso de matriculación.
Lembrade que o Tempo de Lecer deste ano xa está regulado pola nova ordenanza aprobada neste mesmo 2025.