A continuación publícanse os listados definitivos para este curso das nenas e nenos admitidxs no servizo de Ludoteca Municipal en calquera das súas tres versións (xornada completa, madrugadores ou xornada de tarde). Os listados foron aprobados hoxe venres, 22 de agosto, en Xunta de Goberno Local.
Lamentamos o retraso na publicación destes datos derivado da urxencia dos lumes. Debido a isto, o período de matriculación amplíase tamén até o próximo venres 29 de agosto.
LISTADO DEFINITIVO LUDO 2526


