Xa estamos ás portas do Entroido un ano máis e no Concello da Rúa temos programado un conxunto de actividades para todas as idades que se alongarán durante toda a fin de semana e até o mércores de cinza.

PROGRAMA

Sábado 10 de Febreiro
Festa infantil. Circo menudo. Disfraces, música, chocolatada…
Estación de autobuses (carpa climatizada)
A partir das 17:30h Actividade gratuíta

Luns 12 de Febreiro
Iª Cea popular do Entroido.
Empanada, sopa de cocido, costela de tenreira asada, orellas, café e chupitos
Estación de autobuses (carpa climatizada) 21:30h. Prezo: 20 €

Martes 13 de Febreiro (festivo)
Desfile de comparsas
Saída do Campo Grande e finalización na Praza da Estación
A partir das 16:30h Con subvencións á participación e premios especiais aos disfraces máis vistosos.

Mércores 14 de Febreiro
Enterro da Sardiña
Velatorio no Atrio de San Estevo e remate na Praza César Conti (organiza A Ruada)
A partir das 20:00h. Actividade gratuíta

Ademais destas actividades distintos locais da hostelaría local teñen programadas actividades para este xoves de comadres.

Aquí vos deixamos as bases do desfile de disfraces do martes 13 así como o formulario de inscrición de comparsas e folións que podedes cubrir e presentar na sede electrónica ou ben na propia Casa do Concello en horario de mañá

20240206_Outros_Programa_Bases Entroido 2024