Moito cine para esta Semana Santa en A Rúa:

’EL PILOTO’. Na noite de fin de ano, o piloto experto Brodie Torrance realiza un arriscado aterrizaxe cando o seu avión é alcanzado por un raio. A partir deste suceso, comezará unha terrible aventura por conseguir que os pasaxeiros cheguen aos seus destinos sans e salvos.
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8hbl90

’MOMIAS’. Neste filme familiar a Princesa Nefer e Thut, que pertencen á cidade das momias, vivirán aventuras inesquecibles no mundo dos humanos para intentar recuperar o anel real. En medio desta aventura descubrirán algo que non entraba nos seus plans: namorarse.
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8g3zog

’LA NOVIA DE AMÉRICA’. Divertida comedia na que os irmáns Ana e Tono viaxarán a México a coñecer á que será futura esposa de seu pai e, con ela, a súa nova familia política.
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8ghck8