Xa chega a XV edición da Festa do Codillo. Con motivo da súa celebración o Concello da Rúa programa unha fin de semana (a última de xaneiro) chea de actividades.

Como vén sendo tradicional o xantar popular desenvolverase no Pavillón Municipal Victorino Núñez no último sábado de xaneiro (que este ano é día 27). As entradas teñen nesta edición un prezo de 25 € e poñeranse á venta unha semana antes da festa: o domingo 21 de xaneiro no Centro Cultural Avenida. Ás 8:00h terá lugar a apertura de portas e cada asistente terá asignado un número por estrito orde de chegada. Cada persoa con número pode adquirir un máximo de 15 entradas que comezarán a despacharse a partir das 10:30 horas.

Os homenaxeados deste ano son dúas persoas de amplo recorrido vital e profesional no noso Concello. Dunha banda Antolín Rodríguez (Musicales Antolín) e doutra Ramón García (Moncho Ragar). O acto de entrega de recoñecementos terá lugar no Centro Cultural Avenida o sábado 27 de xaneiro a partir das 12:00 horas.

A XV Festa do Codillo chega con novidades no menú (Sorbete de cava e tamén La Torta de postre), con actuacións musicais no pavillón e tamén pola vila coa participación de distintos grupos de Cantos de Taberna. O domingo 28 ás 18:00 horas haberá tamén unha actuación musical no Centro Cultural Avenida.

Menú Codillo-1