O Concello lanza unha web específica para focalizar a campaña do Día da Muller Traballadora. Este ano centrada na muller no comercio local da Rúa.
12 mulleres que rexentan distintos negocios hoxe en activo na Rúa e que representan aos centos de mulleres que teñen realizado esa función no noso Concello no pasado, no presente e tamén, estamos seguras, no futuro.
Con esta campaña tratamos de complementar a homenaxe que na xornada de mañá sábado 9 de marzo se celebrará no Centro Cultural Avenida coa celebración da Iª Gala Corona González na que catro mulleres recibirán ese primeiro galardón polo seu traballo ao longo das últimas décadas.
Este ano as actividades do Concello inclúen tamén a colocación de mobiliario urbano específico xa que é importante aplicar a perspectiva de xénero nos espazos urbanos e no desenvolvemento urbanístico xenerando lugares amables para o desenvolvemento diario da vida das mulleres.
O programa completarase coa realización de diversos obradoiros que abordan a igualdade adaptados a rapazas e rapaces de infantil e primaria, para o que contamos coa colaboración do CEIP Manuel Respino de da Cooperativa Outonía.