Mapa da Rúa
Fai clic en cada un dos concellos pra obter máis información
Concello da Rúa
Forma parte da comarca de Valdeorras e está ó nordés da provincia de Ourense. O norte do concello –que hoxe suma 4.719 habitantes– atópanse as terras de maior altitude de Galicia, superando en moitos puntos os mil metros grazas á Serra dos Cabalos, á da Enciñeira da Lastra e ós Montes de Cereixido. Estes cumios impiden o paso das borrascas atlánticas, o que da paso a un clima marcado por escasas chuvias. A temperatura media na Rúa é de 15,6 graos.
A superficie do municipio suma un total de 35,99 km², limita ó noroeste co concello lugués de Quiroga, ó suroeste con Larouco, ó este con Vilamartín de Valdeorras e ó sur co río Sil. O val formado pola conca deste río, a onde van parar as augas de numerosos regueiros que están embalsadas no encoro de San Martiño, é un fermoso espacio natural protexido e un punto de gran interese ecolóxico.