En A Rúa damos a benvida á primavera coa ‘I Feira de comerciantes, artesanía e produtos locais de Valdeorras e comarcas limítrofes’.

Unha nova iniciativa que xorde froito da confluencia entre o Concello e o tecido produtivo de A Rúa e que está pensada coma unha primeira toma de contacto que poderá repetirse cada certo tempo en función da súa boa aceptación.


A maiores da tradicional feira mensual que se celebra os días 7 de cada mes en Fontei, con esta idea buscamos impulsar, coa colaboración de empresas do municipio para a súa organización, os produtos gastronómicos, artesanais, etc. que temos máis preto de nós.


Convidamos a participar nesta feira a artesáns e produtores locais que desexen amosar os seus produtos tanto a veciñ@s coma a visitantes.
Celebrarase este sábado, 25 de marzo, entre as 12:30h e as 22:00 horas, na Praza do Concello, podendo acoller tamén a rúa Telesforo Ojea no caso da necesidade de ampliar o espazo. Os participantes deberán aboar a correspondente taxa de feira e seguir as indicacións de concelleiros e policía local.