• As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer na Rúa servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.
  • Llega700 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade do novo servizo coa TDT

As principais operadoras de telefonía veñen de comunicar que durante as próximas semans realizarán na Rúa o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á veciñanza da Rúa disfrutar de conexións de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Co obxectivo de garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solventar calquera afectación na recepción da señal de televisión.

El proceso de implantación estase a realizar de xeito paulatino por toda a xeografía estatal. Para comprobar as localidades nas que xa están activos os servizos pódese consultar o seguinte enlace: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

O despregamento enmárcase no estabelecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de outubro, a partir do que se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canais 49 ao 60 de UHF) que até ese momento se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre; proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. Desde entón as devanditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestaren os seus serivos de telefonía de nova xeración.

Llega700 é a entidade xestora encargada de ofertar os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Co fin de garantir esa compatibilidade Llega700 presta á cidadanía unha serie de servizos gratuítos que inclúen un procedemento correctivo tras o ligamento das estacións, polo que Llega700 se encargará de atender ás persoas usuarias afectadas xestionando e resolvendo posibles afectacións sen coste algún.

Para xestionar estes servizos puxéronse a disposición da cidadanía un teléfono de atención gratuíto e unha páxina web www.llega700.es

Desde o Concello da Rúa velarase para que este despregamento cause as menores incomodidades posibles na veciñanza.