O presidente de honra da Fundación COTEC para a innovación, o Rei Felipe VI, presidiu a gala de presentación do anuario 2023. Un evento que foi introducido pola presidenta da Fundación, a exministra Cristina Garmendia nunha xornada á que tamén asistíu a ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno en funcións, Isabel Rodríguez.
O Concello da Rúa, personificado na súa alcaldesa Maria G Albert, ocupou un espazo privilexiado na celebración desta gala anual da Fundación COTEC para a innovación, que outorgou ao noso Concello unha subvención de 300.000€ para un proxecto de rexeneración da auga.
A Rúa é un dos tres concellos de todo o Estado gañadores do PROXECTO DEMOS, promovido pola Fundación, que pretendía desenvolver tres demostradores de economía circular en proxectos surxidos do rural que sirvan como axentes de innovación adiantándose incluso aos ámbitos urbanos. A este proxecto presentáranse 162 propostas do conxunto do país que ficaron reducidas a só tres gañadores: A Rúa, Buguedo (Burgos) e Cuevas del Becerro (Málaga).
O proxecto da Rúa consiste nun programa de circularidade do uso da auga entendéndoa como un ben social fundamental e cada vez máis esca
so nun contexto como o noso no que o estrés hídrico está cada vez máis presente.
Deste xeito, “RUAGUA” (o nome co que definimos o programa) tradúcese na implantación dun sistema de produción sustentábel e cogobernanza da auga rexenerada na EDAR da Rúa. O obxectivo do proxecto, pilotado polo Consorcio de Augas de Valdeorras, é garantir a disponibilidade de auga durante épocas de seca cun enfoque circular baseado en tres eixos: xeración de auga rexenerada, uso de enerxía solar como fonte renovable e produción de compost a partir das augas residuais xeradas na Rúa.
No deseño desta edición do anuario COTEC destacan as portadas, creadas como mapas topográficos en relevo, correspondentes aos concellos nos que Cotec ten en marcha proxectos de innovación.