Con motivo do inicio da obra de “Acondicionamento do Barrio da Estación fase I” a rúa Benito Fernández (no seu tramo entre Miguel de Cervantes e r/Progreso) permanecerá pechada ao tráfico a partir do luns 6 de novembro de 2023 e até novo aviso. igualmente rógase que antes dese día se retiren os vehículos estacionados no tramo sinalado.

As persoas propietarias de vaos en edificios sitos no tramo de rúa mencionado poderán continuar usándoos seguindo as indicacións do persoal da empresa e da policía local.

Lamentamos todas as molestias que a realización das obras poidan ocasionar no día a día da cidadanía pero agardamos que o resultado unha vez rematadas compense os posibles inconvintes que poidan surxir durante o transcurso das obras.