O Boletín Oficial da Provincia de hoxe, mércores 3 de abril, publica a aprobación inicial da ordenanza de venda ambulante, mercadillos e feiras. A publicación está tamén dispoñíbel no Taboleiro de Anuncios do Concello da Rúa así como na sede electrónica.
Ábrese así un prazo de 30 días hábiles que remata o 16 de maio (incluído) para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes antes da aprobación definitiva. A publicación inclúe a ordenanza reguladora e a ordenanza fiscal do referido tema.
A continuación publicamos os dous textos completos tal e como foron aprobados no Pleno ordinario do Concello do mes de marzo.
_Anuncio aprobacion inicial ordenanzas venda ambulante ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE VENTA AMBULANTE, MERCADILLOS Y FERIAS ORDENANZA FISCAL VENDA AMBULANTE