Na Rúa hai algo que celebrar prácticamente en calquera momento do ano. Dende o Entroido ata ás “Festas de Verán” (a principios de agosto), pasando polas feiras, que no noso concello teñen lugar o día 7 de cada mes, ou polas tradicionais festas patronais de San Antón, San Xoán, a Virxe do Carme, San Roque ou San Lourenzo.
Outras celebracións importantes para nos, e dun gran atractivo para os visitantes, son "A Festa do Codillo" en xaneiro, o Magosto en outono, a feira de San Andrés o 30 de novembro ou "A Festa da Empanada de Costrelas", a finais de decembro.
Por último, non podemos esquecer o máis recente acontecemento festivo que incorporamos ó noso calendario. En agosto de 2014 naceu a "BacoFesta", unha feira romano-gastronómica que quere poñer en valor a historia, os viños e a gastronomía da Rúa e da nosa comarca, homenaxeando tamén as orixes romanas da vila. Tralo rotundo éxito da súa primeira edición, tódolos anos, a mediados de agosto, A Rúa convertirase durante un fin de semana na capital mundial da cultura romana.
Agardámosvos...
Comments are closed.