Este é o espacio para consultar as contratacións en curso, as adxudicacións provisionais e as definitivas do Concello da Rúa. Lembramos a todo o mundo que os órganos de Contratación dos Poderes Públicos Adxudicadores están obrigados a crear o seu “perfil do contratante”, cumprindo coa lei 30/3007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
A información relativa ó procedemento de adxudicación que se licita debe colgarse para cumprir cos principios de igualdade, transparencia, concurrencia e publicidade de toda contratación do sector público. Tamén é obligatoria a publicación neste espazo das adxudicacións provisionais dos contratos, xa que, unha vez dada a coñecer a través deste medio, empezan a corre-los prazos.