A FOODTRUCK DE ‘GALICIA SABE AMAR’ FARÁ PARADA EN A RÚA E PERMITIRÁ DEGUSTAR UNHA SELECCIÓN DE RECEITAS ELABORADAS CON PRODUTOS DO MAR E DA TERRA GALEGOS

O mércores 22 de marzo recibiremos en A Rúa a foodtruck ‘Galicia sabe aMar’, da Xunta de Galicia.
Trátase dunha das catro furgonetas da campaña de promoción de pescados e mariscos galegos que puxo en marcha a Consellería do Mar e que percorrerá diferentes municipios de España.
Esta iniciativa permitirá degustar gratuitamente unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos.
🗓️ Mércores 22 de marzo
📍 Lugar: Praza do Concello
🕢 Horarios: -De 12:00 a 15:00h
-De 16:30 a 19:30h

Descargar PDF