A Rúa celebrará A ‘XIV Festa do Codillo’ o próximo 28 de xaneiro

O Concello da Rúa celebrará a XIV edición da Festa do Codillo o próximo 28 de xaneiro de 2023.

Coma é costume, o Pavillón Polideportivo Victorino Núñez acollerá, a partir das 14:30 horas dese día, esta cita gastronómica de especial interese para A Rúa.

Antes de dar paso á degustación, celebraremos o acto homenaxe desta edición no Centro Cultural Avenida. Ás 13:00h dese mesmo día, renderemos unha homenaxe aos nosos maiores, pola súa importante contribución á sociedade e polas aprendizaxes que día a día brindan ás xeracións posteriores.
Reforzando un ano máis os lazos que unen A Rúa con Almendralejo, estará presente no evento unha delegación da localidade irmá.

As entradas poranse á venda este domingo, 22 de xaneiro, dende as 11:00 horas, na Casa da Cultura de A Rúa. O prezo da entrada será de 19,95€ e cada particular poderá adquirir un máximo de 25 entradas.
26903EF7-0E96-49FC-B2CE-715D92C610C5

Descargar PDF