A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PECHA A EDICIÓN DO CICLO MESTRE MATEO COA PROXECCIÓN DE ‘JACINTO’. ESTE VENRES, 2 DE DECEMBRO, ÁS 20:45H, NO CENTRO CULTURAL AVENIDA

Sumamos unha proxección máis á fin de semana.
A Academia Galega do Audiovisual pecha esta edición do Ciclo Mestre Mateo coa proxección de ‘JACINTO’.
Este filme conta a historia de Jacinto, un neno de nove anos atrapado no corpo dun home de preto de cincuenta, que vive cos seus pais en Mallou, un pobo das montañas de Lugo. Todo cambiará no seu mundo de fantasía coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana.
O persoaxe de Jacinto é interpretado por Pedro Brandariz, o coñecido actor galego que faleceu a comezos deste ano.
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8ea1ff
🎫 ¡Entrada de balde!
JACINTO

Descargar PDF