#25N: LECTURA DE MANIFESTO, REPARTO DE MATERIAL DE SENSIBILIZACIÓN E INAUGURACIÓN DE MURAL PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Mañá, venres 25 de novembro, ás 12:00 horas, coma conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, contaremos coa lectura de manifesto na Praza do Concello e repartiremos material de sensibilización.
A continuación, arredor das 13:00h, faremos unha fotografía xunto ao mural que estamos a elaborar á entrada de O Aguillón. Este mural, confeccionado polo artista José Luis Prieto, máis coñecido coma “Lilí”, simbolizará a importancia de valorarnos e coidar de nós mesmas. Neste senso vai tamén o obradoiro que temos preparado para hoxe no Centro Cultural Avenida.