‘HOPPER, EL POLLOLIEBRE’ E ‘AS BESTAS’, FILMES PARA ESTA FIN DE SEMANA NO CENTRO CULTURAL AVENIDA

Esta fin de semana proxectamos os filmes ‘HOPPER, EL POLLOLIEBRE’ e ‘AS BESTAS’.
🎬’HOPPER, EL POLLOLIEBRE’. Este filme infantil conta a historia de Hopper, un famoso aventureiro que naceu metade polo e metade lebre. Ansioso por ser aceptado polos demais, embárcase nunha emocionante aventura xunto á tartaruga Abe e á mofeta Meg na busca do ‘Hámster de la Oscuridad’.
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8d6kq4
🎬’AS BESTAS’. Calificado por algúns críticos coma un dos cumes do cine español deste ano, trátase dun drama ambientado na vida rural no que Olga e Antoine, unha parella francesa que se instala nunha aldea do interior de Galicia, vivirán un conflito cos seus veciños no que a tensión aumenta de tal maneira que acadará o punto de non retorno.
🔗Tráiler: https://dai.ly/x8ev50c

HOPPER EL POLLOLIEBREAS BESTAS

Descargar PDF