O XOVES 24 DE NOVEMBRO CELEBRAREMOS O OBRADOIRO ‘CHEAS DE VIDA’, IMPARTIDO POR LAURA FERNÁNDEZ, DA COOPERATIVA INCRESCENDO COLECTIVO

Continuamos coas actividades con motivo do #25N.
O día 24 de novembro contaremos cun obradoiro moi especial que vén da man da Cooperativa InCrescendo Colectivo, impulsada por Elvira e Laura (nai e filla), ambas veciñas da Rúa.
Achegamos o seu proxecto co obradoiro ‘Cheas de vida’, no que aprenderemos a reservarmos tempo e espazo para nós mesmas, dando un gran paso hacia o noso propio autocoidado.
🗓 Xoves, 24 de novembro, de 19:00h a 20:30h
📍Sala multiusos do Centro Cultural Avenida
✍️Inscrición gratuita ata completar aforo chamando ao 643958844 ou en servizos.sociais@arua.gal
Ademais, reservaremos unha sorpresa para o día #25N que simbolizará sempre a importancia de valorarnos, querernos e coidar de nós mesmas.
👀Lembramos que este mércores, 23 de novembro, temos a segunda xornada do curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Lembra que podes inscribirte chamando ao 643958844 ou en servizos.sociais@arua.gal
Cheas de vida_Obradoiro2 (2)

Descargar PDF