ACHÉGATE AO CENTRO CULTURAL AVENIDA PARA DISFRUTAR DA EXPOSICIÓN ‘CASTELAO Grafista (facsímile)’ E DO FILME ‘WELCOME TO MA MAISON’

Aínda que xa anunciamos a finalización da tempada de proxección de cine, o Centro Cultural Avenida non podía deixar pasar a oportunidade de acoller as seguintes actividades:

Afundación achega ata A Rúa a exposición ‘CASTELAO GRAFISTA (facsímile)’, un proxecto que reúne unha ampla selección das múltiples facetas de Castelao.
•Do 21 de xuño ata o 18 de xullo
•De luns a venres (excluídos festivos), en horario de 10:30 a 13:30h
Esta exposición enmárcase na iniciativa ‘Cultura por alimentos’, de Afundación en favor de FESBAL. Por iso, cando nos visites, poderás depositar algún alimento non perecedoiro que irá destinado ás asociacións que entregan alimentos ás familias máis desfavorecidas.

Por outra banda, o venres, 24 de xuño, ás 20:30h, ofrecemos unha ocasión máis para desfrutar de forma gratuita dos filmes do Ciclo Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
É a quenda de ‘WELCOME TO MA MAISON’, de Andrés Goteira.

CASTELAO Grafista (facsímile)WELCOME TO MA MAISON

Descargar PDF