A ACTIVIDADE “ENREDANDO TOUR”, DE CRUZ VERMELLA, DESENVOLVERASE EN A RÚA O DÍA 21 DE XUÑO

Cruz Roja Española achega á Rúa o proxecto ‘ENREDANDO TOUR’, unha actividade encamiñada a prestar apoio dixital ás persoas que, aínda máis durante a pandemia, viron incrementadas as súas dificultades para acceder a moitos servizos que esixen coñecementos e medios dixitais dos que non dispoñen.
👉Actividade destinada preferiblemente para maiores de 65 anos.
📣Non dubides en acudir á Praza do Concello o 21 de xuño a partir das 11:00h. Se ti non estás interesado, pode ser que coñezas a alguén ao que poida servirlle de axuda e entretemento.

ENREDANDO TOUR

Descargar PDF