O DÍA 5 DE XANEIRO OS PEQUENOS CONTARÁN CON DÚAS OPCIÓNS PARA DESFRUTAR DA VISITA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

¡Os Reis Magos de Oriente xa están preto!
Para velos propoñemos dúas opcións para a tarde do 5 de xaneiro:
🌟 Videochamada na que os cativos poderán velos e falar con eles. Para isto, asignaremos quendas de videochamada entre as 16:00 e as 19:00 h.
✍️Inscricións no 643958844

🌟 Recepción presencial na Praza do Concello a partir das 19:00 horas.
Se decides escoller esta opción, debes saber que adoptaremos todas as medidas de
seguridade que están na nosa man:
• Ao aire libre
• Filas reguladas
• Protección Civil
• Mamparas de separación
• Obrigatorio uso de máscara para asistentes de seis ou máis anos de idade
• Pregamos que se limite o número de acompañantes

✨Intentaremos que os/as pequenos/as desfruten da maxia dese día en calquera das dúas propostas.
VIDEOCHAMADA REIS MAGOS

Descargar PDF