MELLORAS NOS SISTEMAS DE CONTROL E DOSIFICACIÓN DE REACTIVOS DO CONCELLO DA RÚA – AUGAS DE GALICIA E FEDER

DESCRICIÓN DOS OBXECTIVOS E RESULTADOS QUE SE PRETENDEN OBTER COAS MELLORAS NOS SISTEMAS DE CONTROL E DOSIFICACIÓN DE REACTIVOS NO CONCELLO DA RÚA:

Mediante resolución do 12 de marzo de 2021 (D.O.G. número 56 do 24 de marzo de 2021) AUGAS DE GALICIA aproba as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento , saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2.021.
Mediante resolución do 19 de abril de 2021 se modifica a resolución do 12 de marzo de 2021 (D.O.G. número 76 do 23 de abril de 2021).
Augas de Galicia concede unha subvención a este concello de 47.461,40 euros, 100% do proxecto, para as obras de melloras nos sistemas de control e dosificación de reactivos neste concello código expediente AU300A2021/207-A.

Coa presente actuación preténdese mellorar os sistemas actuais de tratamento e a súa eficiencia e control, así como mellorar a calidade das augas de consumo humano.

PROXECTO- MELLORAS NOS SISTEMAS DE CONTROL E DOSIFICACIÓN DE REACTIVOS DO CONCELLO DA RÚA

Descargar PDF