O PROGRAMA “CAMIÑANDO POLO DANO CEREBRAL”, DE FEGADACE, CHEGA Á RÚA O 23 DE SETEMBRO

A Federación Galega de Dano Cerebral, Fegadace, é unha organización cuxo principal obxectivo é contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e as súas familias. Para iso, neste ano deseñaron un programa a través do cal se busca a sensibilización e información da sociedade no que respecta a esta discapacidade, así como a súa prevención.
Este programa, "Camiñando polo Dano Cerebral", está financiado pola Axencia de Turismo de Galicia, dentro da liña de subvencións "O Teu Xacobeo" e achégase á Rúa o día 23 de setembro.
Ese día, ás 18:00h, desenrolarán unha charla no Centro Cultural Avenida na que o obxectivo é incrementar o coñecemento social sobre o dano cerebral, focalizándose nas principais causas e medidas de actuación.
O acceso é gratuito pero o aforo limitado. Por iso, poden anotarse no Concello ou acudir directamente á charla ata completar aforo.
CHARLA FEGADACE

Descargar PDF