XA PODES SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

Ata o próximo 30 de setembro permanecerá aberto o prazo para solicitar a participación no Programa de Termalismo do Imserso. Poderás solicitalo tanto no Departamento de Servizos sociais do Concello coma nos centros dependentes da Consellería de Política Social.
Deberás cumprir algún dos requisitos que se indican a continuación: Termalismo Imserso

O Programa de Termalismo, que se desenvolverá durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021, proporciona o acceso aos tratamentos termais que se presten nos establecementos que conten con manantiais de auga mineiro medicinal, declarados de utilidade pública, contribuíndo con iso a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como á promoción do envellecemento activo, a mellora da saúde e á prevención da dependencia.

Descargar PDF