O PROXECTO “ALFOMBRA MUNDIAL DEL XACOBEO” CHEGA Á PRAZA CÉSAR CONTI DA RÚA ENTRE O 24 E 25 DE XULLO

Veciñ@s da parroquia de Santo Estevo participan nun dos grandes proxectos impulsados polos alfombristas para o Xacobeo 21-22.
A iniciativa, denominada “Alfombra Mundial del Xacobeo”, consistirá en elaborar, entre os días 24 e 25 de xullo de 2021, unha alfombra propia nun lugar emblemático de cada unha das localidades integradas dentro da ‘Comisión Gestora de entidades alfombristas del Camino de Santiago’. O deseño, de Miguel Ángel Laguna Villalobos, será común en todas as localidades participantes, pero cada colectivo a realizará coa súa propia técnica e estilo, indicando o nome do municipio e a distancia a Santiago de Compostela.
No noso municipio, escolleron a Praza César Conti para crear o seu tapiz efímero adicado ao Camiño de Santiago, unindo así o seu talento ao resto de alfombristas de 250 cidades, 30 países, 5 continentes.
Agradecidos a que, coa súa labor, fagan posible que se escoite A Rúa a nivel mundial.
📆 24 e 25 de xullo
📍 Praza César Conti
ALFOMBRA-MUNDIAL-XACOBEO21-22

Descargar PDF