SE ES PEREGRINO, PODERÁS SOLICITAR A SUBVENCIÓN PARA UN ALOXAMENTO DE BAIXO CUSTO AO TEU PASO POLA RÚA NO TRAZADO DO CAMIÑO DE INVERNO

Coa reactivación do Camiño de Santiago neste ano Xacobeo, o peregrino, ao seu paso pola Rúa no trazado do Camiño de Inverno, poderá contar cunha subvención para un aloxamento de baixo custo nos establecementos hoteleiros da localidade, tendo tamén como obxectivo a dinamización.
Aquí podes botar unha ollada ás bases reguladoras no apartado da publicación do BOP destinado á Rúa: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=146&fecha=20210629
Para calquera dúbida, podes chamar ao teléfono de atención ó cidadán: 643958844

Descargar PDF