O CONCERTO “DECANTANDO VIÑOS OURENSÁNS”, DE JAVIER OJEDA, CHEGARÁ Á RÚA O 4 DE XULLO, ÁS 21:30H, NO AGUILLÓN

Xa falta menos para o concerto "Decantando Viños Ourensáns", de Javier Ojeda, en A Rúa.
Como adiantamos fai unhas semanas, será este próximo domingo, 4 de xullo, ás 21:30 horas, no Aguillón.
Debido ás medidas de prevención e seguridade, o aforo será limitado, polo que é necesaria a inscrición previa. No caso da Rúa, poderán inscribirse na Casa do Concello ou no correo cultura@arua.gal, ata o venres, 2 de xullo, ás 14:30 horas.
Poderán reservarse un máximo de catro entradas por solicitude, indicando o nome e apelidos dos asistentes e un teléfono de contacto.

Descargar PDF