A XUNTA HABILITA A POSIBILIDADE DE ACTIVACIÓN ELECTRÓNICA DO CARNÉ XOVE

Xa está dispoñible a activación electrónica do Carné Xove. A Xunta de Galicia habilitou no día de hoxe un formulario para que as mozas e mozos galegos poidan activalo sen necesidade de desprazarse.
Se queres optar por esta opción a través da rede e como novo usuario recibiche o carné xove no teu domicilio, deberás cubrir este formulario: http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove/solicitude-da-activacion-do-carne-xove?fbclid=IwAR0n5g_ir_-Q1pDBtFmx5n3Rtzjd0wYs6y9KiycHwArib369El_6joahAuo
Uns días despois recibirás o código EYCA e deberás anotalo manualmente na túa tarxeta no espazo denominado “número de carné”.

☝️Lembra que ademais desa nova opción electrónica, os puntos de activación continuamos a disposición dos usuarios para a activación do carné xove de forma presencial.

ACTIVACIÓN ELECTRONICA CARNÉ XOVE

Descargar PDF