ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS CATRO QUINCENAS DO TEMPO DE LECER 2021

Aberto o prazo de solicitude para as catro roldas do Tempo de Lecer 2021. Dito prazo manterase aberto ata o luns, 14 de xuño.

Actualmente, de acordo coa normativa sanitaria actual, ao tratarse dunha actividade de lecer infantil, a ratio é de 10 nenos/as por monitor/a. Polo tanto, para cada unha das quincenas estarán dispoñibles 30 prazas. No caso de que posteriormente se establezca unha ratio maior, poderán verse incrementadas. Nese suposto, cubriríanse as novas prazas coa lista de agarda por rigorosa orde de puntuación.
Isto último non ocorrería na segunda quincena de agosto, que continuaría contando con 30 prazas.

Podes acceder ao formulario de solicitude premendo nesta ligazón: FORMULARIO-PREINSCRICIÓN2021

Este formulario haberá de presentarse, xunto coa documentación que se detalla no mesmo, no rexistro do Concello.

Descargar PDF