CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE, ADHERÍMONOS Á CAMPAÑA #UNÁRBOLPOREUROPA

Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, Equipo Europa, en colaboración coa Oficina do Parlamento Europeo en España, lanzou a campaña #UnÁrbolPorEuropa co obxectivo de aumentar a conciencia social sobre a sostibilidade local.
No noso Concello, foi o obradoiro LABORU o encargado de plantar esa árbore por Europa, ao carón das moitas que se plantaron na obra de mellora medioambiental que se está a levar a cabo no Aguillón. Así, ademais de colaborar na Campaña, con estas accións estamos contribuíndo a compensar as tallas doutras por razóns xustificadas, compensando medioambientalmente o impacto e mellorando o entorno da nosa área recreativa.
UN ÁRBOL POR EUROPA - A RÚA

Descargar PDF