O 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ABERTAL ACTUARÁ PARA HOMENAXEAR A XELA ARIAS

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, contaremos cun pasarrúas e posterior actuación de Abertal na Praza do Concello para homenaxear a Xela Arias.
É moi importante cumprir con todas as medidas de prevención, seguindo as indicacións da Policía Local e Protección Civil.
No caso da actuación, o aforo é limitado. Todos os asistentes deberán permanecer sentados nas cadeiras e sen alterar o lugar onde estaban situadas desde o comezo da actuación, respectando así en todo momento a distancia de seguridade.

Cartel Abertal Letras Galegas 2021

Descargar PDF