DO 11 DE MAIO AO 10 DE XUÑO, O CENTRO CULTURAL AVENIDA CONTARÁ COA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “FILLOS DO OCÉANO”, DE JAVIER TENIENTE

Gracias a un convenio de colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da Rúa, o Centro Cultural Avenida contará coa exposición fotográfica “Fillos do océano”, de Javier Teniente.
Este proxecto nace coma unha “homenaxe a todos os mariñeiros artesáns que viven por e para o mar”, resaltando a importancia de conservar e respectar o noso medio natural.
Podes visitala de forma gratuita do 11 de maio ao 10 de xuño, nos horarios sinalados no cartaz.
Na túa visita, lembra cumprir con todas as indicacións e medidas de prevención.

FILLOS DO OCÉANO CARTAZ

Descargar PDF