ROCK, REGGAE OU SKA PARA @S PEQUES CON GRAMOLA GOMINOLA
“A Gramola Gominola” o primeiro grupo de rock infantil en galego, actuará no Centro Cultural Avenida o próximo sábado, 2 de Xaneiro, a partires das 12:00 horas nun espectáculo gratuíto. Esta actividade está especialmente dirixida á cativada e ás súas familias e supón toda unha novidade dentro da música para nenas e nenos. Aínda tendo como eixe central o rock and roll, explora e mostra diferentes estilos da música contemporánea: desde o reggae ás baladas heavies, pasando polo pop e o funk,o country, o blues ou o ska.
Coas súas letras en galego, esta proposta didáctica fala de valores tan esenciais como