FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE ABERTAL
O sábado 17 de Xuño ás 20:00 horas no Centro Cultural Avenida terá lugar o Festival de Fin de Curso da escola de música tradicional do Concello da Rúa, Abertal. Será un espectáculo gratuíto para que todo o mundo poida disfrutar do bon traballo feito por alumn@s e profesores/as da escola durante todo o ano.
“XARDÍN DESORDENADO” O DOMINGO ÁS 20:00 NO CENTRO CULTURAL AVENIDA
Fai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas ós que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.
Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elexiron unha sonoridade acústica e íntima e,
respetando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova…
No ano 2011 aqueles traballos produciron un CD con 16 poemas musicados, que foi
“INVENCIÓN” UN ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS NO AVENIDA
O xoves 22 de Decembro ás 19:00 horas o Centro Cultural Avenida acolle este espectáculo para todos os públicos que mestura música con teatro.
Despois de “Odaiko nas escolas” e “Vaia circo”, Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia. En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e búsqueda de solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día día. Pasando por moitas invencións dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser
CONTOS PARA UN CALDIÑO, NO CENTRO CULTURAL AVENIDA
O próximo domingo, 4 de Decembro, ás 18:00 horas máis actividade cultural para as e os peques da casa. Baobab Teatro tráenos o espectáculo “Contos para un Caldiño”.
“Contos para un caldiño” convida ao público a escoitar e a deixarnos levar polos contos e polos obxectos visuais que se presentan, así, un chapeu que non é un chapeu, unha tesoira non é unha tesoira.
Entre tod@s construiremos un caldo máxico con poderes especiais para converternos en máis altos, máis rápidos, e máis fortes, se así o
queremos….
O espectáculo consiste en ir cociñando contos
MOENDO MUIÑEIRAS O DOMINGO NO C.C. AVENIDA
O domingo 27 de Novembro ás 19:00 horas volve a actividade ao Centro Cultural Avenida co oespectáculo “Moendo Muiñeiras”; un proxecto de Xabier Iglesias que baixo a dirección de Paloma Lugilde mestura teatro, danza e música ao longo de 60 minutos de ledicia recomendados para todos os públicos a partires dos 9 anos en diante.
Moendo Muiñeirias é un espectáculo que xira ao redor da muiñeira no que, como sinalamos, se misturan a partes iguais teatro, danza e música. Os protatonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras
“CANTA O CUCO”. MAGÍN BLANCO E UXIA NO C.C. AVENIDA
O próximo domingo 15 de Maio ás 18:00 horas no Centro Cultural Avenida Magín Blanco e Uxía achegan a Manuel María a todos os públicos. O poeta-labrego da Terra Chá desde a ollada de dous experimentados creadores vinculados á música infantil.
Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María para as nenas e os nenos do século XXI, con moitas posibilidades de acompañar o traballo con unidades didácticas onde a transversalidade incide directamente en varias materias: música, literatura, lingua, historia, coñecemento do medio, debuxo, etc.
Unha globalidade de ritmos e estilos musicais
DÍA MUNDIAL DO ACORDEÓN
O próximo sábado, 14 de Maio, a partir das 19:30 horas, terá lugar no Centro Cultural Avenida o espectáculo de celebración do Día Mundial do Acordeón.
No evento participarán o grupo de acordeóns de Abertal, o grupo Tarataña de Vigo, o dúo Xaime Vilas e Manuel Olegario así como varios dúos e solistas.
“CARMIÑA, FLOR DE GALICIA” DA MAN DA CORAL DE RUADA
Este domingo, 13 de Marzo, ás 19:00 horas no Centro Cultural Avenida, espectáculo multimedia a cargo da Coral de Ruada. O acto consistirá na proxección do filme mudo “Carmiña, flor de Galicia” acompañado ao piano e ás voces pola prestixiosa coral ourensá.
O FILME
Carmiña, flor de Galicia é un filme mudo de 1926 dirixido polo director italiano Rino Lupo. Este director atopábase en Portugal cando foi requirido pola produtora Hispánica Film Lda. de Madrid para realizar este proxecto baseado nun guión elaborado polo crego e polifacético escritor ourensán Antonio Rey Soto.
O