“LOLÓ E MAMÁ” no Centro Cultural Avenida
O Centro Cultural Avenida acolle este venres 22 de novembro, ás 22:30 horas, a obra de teatro “Loló e Mamá” da compañía De Ste Xeito Producións.
Contaremos coa posta en escena de dúas actrices, Stephy Llaryora e Pepa Barreiro, que interpretarán unha historia de nai e filla, que nos fará desfrutar e sentir ó mesmo tempo.
“X XORNADAS DE TEATRO DE A RÚA”
Do 3 de novembro ó 1 de decembro, celébranse as “X XORNADAS DE TEATRO DE A RÚA” .
Este evento, organizado por A RUADA, reunirá cada domingo, ás 18:00 h., a diferentes compañías que representarán as súas obras teatrais no Centro Cultural Avenida.
No cartel podedes informarvos das obras representadas e as compañías que nos visitarán en cada data.
“Mai Mai” de Baobab Teatro no Centro Cultural Avenida
O domingo 15 de setembro ás 18:00 h, chega “Mai Mai” da compañía Baobab Teatro ao Centro Cultural Avenida.
Trátase dunha obra de teatro para todos os públicos na que o último Oso Panda do planeta loita por sobrevivir afrontando os problemas ocasionados polo quecemento global.
Esta aventura terá tamén como protagonistas a unha muller emprendedora e a un famoso fotógrafo. Ambos comezarán unha viaxe en busca do último Panda.
Unha divertida historia que nos fará tomar conciencia sobre distintos aspectos da vida e sobre o necesario coidado do noso medioambiente.
TEATRO: SENIOR
O sábado, 3 de novembro, teremos a presentación da obra de teatro SENIOR, con Luis Iglesia e Marcos Orsi. Será no Centro Cultural Avenida a partir das 20:00 horas.
Senior é unha reflexión, en clave de humor, sobre a chegada ás portas da terceira idade. Como se abandona a madurez e se comeza a ser “senior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia.
Cunha comicidade sinxela e directa, e apoiada nun texto de creación propia, SENIOR permitiranos rir das situacións máis cótiás, de divertidas
CLAUSURA DAS VIII XORNADAS DE TEATRO DA RÚA
O obradoiro de teatro de PRODEME (de Monforte de Lemos) chega este sábado 10 de Xuño ao Centro Cultural Avenida co seu espectáculo “Diñeiro B”. Con esta representación, que terá lugar ás 18:00 horas, péchase a programación das VIII Xornadas de Teatro que, coa colaboración do Concello da Rúa, levou a escena a Agrupación Teatral A Ruada neste 2017.
Sinopse:
Traballas durante toda a túa vida nunha oficina bancaria… Sempre fas o que che mandan sen queixarte, currando máis da conta…
Estás vendo como os teus xefes arruínan o banco e se fan
“EROSKI PARAÍSO” NO CENTRO CULTURAL AVENIDA
O domingo 30 de Abril ás 20:00 horas o Centro Cultural Avenida acolel a representación da obra “Eroski Paraíso”; montaxe organizada pola compañía Chévere, gañadora do Premio Nacional de Teatro en 2015.
SINOPSE
Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras
VIII Xornadas de Teatro da Rúa
O Concello da Rúa colabora un ano máis coa celebración das Xornadas de Teatro afeccionado organizadas por “A Ruada” que van xa pola súa VIII Edición. Arrancarán no Centro Cultural Avenida o próximo sábado 22 de Abril ás 18:00 horas coa montaxe “O Menciñeiro” da agrupación teatral Augas do Sil de San Clodio.